Últimas noticias

Gran experiencia a vivida polas nosas seleccións feminina e masculina Sub18

Os pasados días as seleccións galegas feminina e masculina Sub18 participaron en Terrassa no Campionato de España de Hockey Herba.

Un campionato que se disputou nas instalacións do Athletic Terrassa Hockey Club.

Os resultados dos rapaces da masculina foron: Galicia 1 – 2 Asturias / Euskadi 6 – 1 Galicia / Cantabria 3 – 2 Galicia / Valencia 7 – 0 Galicia. Quedando polo tanto en 8ª posición.

E as rapazas acadaron un meritorio 5º posto cos seguintes resultados: Galicia 2 – 0 Andalucía / Galicia 0 – 5 Cantabria / Asturias 1 – 2 Galicia / Galicia 2 – 1 Andalucía.

Noraboa ás seleccións catalanas que resultaron Campionas tanto feminina como masculina.

Grazas aos mozos e mozas e ao staff da federación pola vosa participación en por deixar ben representada a Galicia neste campionato.

 
 

 

 

Profesores de Educación Física participan en Vigo nun Curso de iniciación ao Hóckey

A Federación Galega de Hóckey en colaboración co Servizo de Deportes da Xunta de Galicia, a Xefatura de Educación e CEFORE organizaron en Vigo un curso de iniciación ao Hóckey no que participaron 18 profesores de Educación Física.

Esta iniciativa encádrase dentro do Plan Colexios que pretende a introdución do Hóckey en idade escolar nos centros educativos. O Plan estase a implementar en 15 colexios de toda Galicia con magníficos resultados.

 
 

 

 

Listas as Seleccións Galegas Sub18 de Hóckey Herba para os Campionatos de España de Seleccións Autonómicas

As nosas selección Sub18 xa están preparados para disputar os Campionatos de España de Seleccións Autonómicas que se celebrarán en Terrassa do 28 de outubro o 1 de novembro, e que as levará a enfrontarse as selección de Cataluña, Cantabria, Asturias, Valencia, Andalucía e Madrid.

Selección feminina Sub18

 

Podedes aquí ver a lista da CONVOCATORIA SELECCIÓN SUB18 FEMENINA – PDF

Podedes ver o calendario e seguir os resultados, na web da RFEH fazendo CLICK AQUÍ

Selección masculina Sub18

Podedes aquí ver a lista da CONVOCATORIA SELECCIÓN SUB18 MASCULINA – PDF

O combinado galego está encadrado no Grupo A xunto ás seleccións de Catalña, Madrid, Asturias e Canarias. Esperamos que disputen un estupendo campionato e obteñan unha boa posición final, na clasificación final.  

Podedes ver o calendario e seguir os resultados, na web da RFEH fazendo CLICK AQUÍ

E podedes seguir ambos campionatos polo sinal de streaming desde enlace: https://qrcd.org/3p5D

Galicia xa coñece os seus rivais no Nacional Autonómico Sub18

Xa se coñecen os rivais de seleccións autonómicas que participarán no Campionato Nacional Su18 Femenino, que se celebrará en Terrassa do 28 de outubro o 1 de novembro, es son: Cataluña, Cantabria, Asturias, Valencia, Andalucía e Madrid.

O mesmo cuadro de rivais para a Selección Masculina que tamén prosegue a súa preparación e que contará o próximo 12 outubro coa visita de Joan Fitó seleccionador masculino sub18.

 
 

 

 

Stage da Sub18 Feminina con Eugenio Paulón, Seleccionador Nacional da mesma categoría

Esta fin de semana o grupo de tecnificación Sub18 Feminina celebrou un novo Stage de preparación, no campo de Mariñamansa (Ourense), cara o Campionato de España Autonómico que se celebrará do 28 de outubro ao 1 de novembro en Terrassa (Barcelona).

Nesta ocasión o seleccionador nacional Sub18, Eugenio Paulón, visitou o Stage para colaborar nos adestramentos co staff do CeTeGa.

 
 

 

 

Síguenos en Redes Sociales

Histórico

Colaboradores Institucionales