A Coruña acolle este domingo o Galego Benxamín de Sala

Este domingo 10 de marzo, no Polideportivo Novo Mesoiro da Coruña dipútase o Campionato Galego Benxamín de Hóckey Sala Xunta de Galicia». 

Un torneo no que participan C. H. Albor, Ath. Coruña H.C., C.H. Barrocás, A.D. Cristo Rey, Escola H.C e o Clube Irmáns Villar.
 
Podes seguir os resultados dende o Match Center da nosa web
 
Este domingo Coruña é Hóckey Sala.

 

 

As nosas seleccións Sub16 viaxan mañá a San Sebastián para disputar o Campionato España Autonómico de Herba

Xa están listas e coas bolsas preparadas as nosas seleccións sub16 de Hóckey Herba masculina e feminina. Mañá viaxan a Donosti para disputar o Campionato de España de Autonomías.

Os mozos comezarán a súa participación o xoves ás 12:20h contra Canarias, partido que decidirá o seu seguinte enfrontamento no torneo.  

As mozas, pola súa banda, disputarán o seu primeiro partido o mesmo xoves ás 17:20h contra a selección que resulte gañadora do enfrontamento entre Aragón e Valencia. 

Podes seguir os resultados nestas ligazóns: 

Selección Femenina: https://cutt.ly/vwNEfjiu

Selección Masculina: https://cutt.ly/SwNEfOKo

 

 

 

Gran papel dos infantís do C.H. Barrocás no Sector Nacional do Campionato de España de Herba

O equipo infantil de hóckey herba do C.H. Barrocás disputou o Sector Nacional do Campionato de España, a pasada fin de semana, en San Sebastián de los Reyes, Madrid. 

Comezaron gañando os seus dous primeiros partidos fronte a Jolaseta B e a Honigvogel, pero no partido decisivo, que lles daría a clasificación, perdían #ante os grandes favoritos, a Complutense de Madrid. 

De todos os xeitos, acabar este sector en segunda posición, ratifica o gran papel dos mozos do Barrocás fixeron neste sector.

 

 

 

As xuvenís do Albor, sétimas no Campionato de España de Hóckey Sala

 
 

As mozas do C.H. Albor disputaron a pasada fin de semana a fase final do Campionato de España de Hóckey Salga Xuvenil Feminino.

Na fase de grupos, enfrontábanse aos favoritos do torneo, Tenis, Complutense e Ath. Terrassa, ante os que cairon a pesar de deixar un bo xogo na cancha. Así chegaban ao partido polo 7º posto, no que se alzaron coa vitoria ante Carpersa por un 3 a 2.

As xuvenís do Albor pechaban así a súa tempada de Sala con este gran posto no nacional.

 

 

 

 

Curso de Arbitraxe, con Eduardo Lizana

A EGAX (Escola Galega de Árbitros e Xuíces) organiza esta acción formativa que terá lugar os días 2 e 3 de marzo, na aula do CETEGA en Mariñamansa, Ourense.
 
Estará impartido polo árbitro internacional Eduardo Lizana.
 
É totalmente gratuíto.
 
O sábado 2, o horario será de 10:30 a 12:30 e de 15:00 a 17:30h. Mentres que o domingo 3 só haberá xornada matutina de 11:00 a 12:30h.
 
Inscríbeche enviando os teus datos a @. e non te perdas esta oportunidade de aprender da man dun dos mellores.
 

 

 

 

 

Carlota Álvarez volta a casa tras contribuír ao 4º posto de España no Europeo Feminino Absoluto de Hóckey Sala

A porteira do C.H. Albor, con tan só 16 anos, formou parte da selección española absoluta que acudiu a Berlín a pasada semana para disputar o EuroHockey de Sala 2024.

A mozas de Mar Feito lograron meterse en semifinais, onde caeron #ante Polonia nun gran partido das nosas, que non foi suficiente para conseguir a vitoria. 

Pasaron así a xogarse o bronce #ante Austria. Unha final de consolación que empezaba cunha situación de partido na que nosa Carlota saía á cancha para defender un lanzamento de stroke e, vaia forma de debutar que tivo, conseguindo detelo de maneira maxistral e mantendo así a portería a cero.

O partido continuou cun empate 1-1 ata o último cuarto no que as austriacas adiantáronse por partida dobre e as nosas terminaron caendo por 3-1. 

En calquera caso, o papel da selección foi máis que satisfactorio e, para nós, o de Carlota foi un rotundo éxito. 

Agora toca incorporarse ao seu club e á selección galega cando toque e sobre todo a seguir traballando e aprendendo. 

Ben feito Carlota!!!

 

 

 

 

A Selección de Hóckey Sala remata 5ª o EuroHockey Masculino 2024

A fin de semana pasada celebrouse en Leuven (Bélxica) o Campionato de Europa de Hóckey Sala 2024, no que selección de española acadou o quinto posto. 

Unha competición na que tivemos representación galega, con Manu Prol, como xogador, e Roberto Oliveira, como segundo adestrador, aos que debemos sumar a Dani Fernández, como árbitro oficial do torneo. 

Parabéns a todos pola vosa participación neste evento de primeiro nivel.

 

 

 

 

 

Xa é oficial, Carlota Álvarez, xogará coa Selección Española Absoluta o Europeo Feminino de Hóckey Sala

A RFEH comunicou a lista de convocadas definitiva que formará parte da expedición a Berlín da Absoluta de Hóckey Sala para disputar o Campionato de Europa do 8 ao 11 de febreiro. E nesta lista, con só 16 anos, temos á ourensá Carlota Álvarez, do C.H. Albor.

Carlota foi chamada a pasada semana para a concentración previa ao Europeo, e ágora recibe esta noticia que confirma a súa presenza na absoluta. Unha boa nova que ven a premiar o seu traballo, o dos seus adestradores, seleccionadores e tamén do CETEGA.

Desde a FGH desexámoslle toda a sorte do mundo neste novo reto. 

O C.H. Albor xuvenil feminino clasificado para o Campionato de España de Hóckey Sala

Sorte dispar para os equipos xuvenís que disputaron a pasada fin de semana os correspondentes sectores de clasificación para as finais do Campionato de España de Hóckey Sala.

En Amoeiro (Ourense), onde participaban as mozas de C.H. Albor e do OurenSticks, foron as primeiras as que acadaron o primeiro posto do sector, conseguindo así unha praza na Final a 8 que terá lugar en Terrassa do 16 ao 18 de febreiro. Mentres que as mozas do OurenSticks acabaron a súa participación en cuarto lugar.

Mentres tanto, en categoría masculina, os nosos equipos participaron en 2 sectores. Por unha banda, o Escola H.C. acudía a Cantabria para loitar por unha praza na final, que non pudo alcanzar, ao terminar o sector en 4º posto. Por outro, os mozos do OurenSticks viaxaban ao sector celebrado en Alcalá, onde conseguiron un importante terceiro posto.

Galicia tivo un papel moi importante no Hóckey Salga Xuvenil 2024, que se ve referendado coa representación na Final Feminina grazas ás rapazas do C.H. Albor.

Moita sorte!!!

Pilar Pardo, Abelardo Barbosa y Federico Tapias recibieron la Medalla al Mérito Deportivo de Galicia

O pasado martes 30 de xaneiro, no Teatro Jofre de Ferrol, a Xunta de Galicia facía entrega das Medallas ao Mérito Deportivo 2024.

Entre os homenaxeados, de todas as disciplinas deportivas da nosa comunidade, foron distinguidos con este galardón tres persoas do Hóckey galego. Persoas que dedicaron a súa vida ao noso deporte e aos que, desde aquí, a Federación Galega de Hóckey dá o seu máis sincero parabén.

Así, Pilar Pardo, da Coruña, Abelardo Barbosa, de Ourense, e Federico Tapias, de Vigo, recibiron a máxima homenaxe institucional que se pode alcanzar no ámbito deportivo de Galicia.