Últimas noticias

CH Barrocás, campión galego de hóckey sala, sénior masculino

O equipo ourensán de Club Hóckey Barrocás renova a súa condición de campión galego, ao impoñerse un ano máis na competición autónomica. Nunha emocionante e apertada Final, impuxéronse por 6 a 5 ao equipo tamén ourensán do «CSA Ourense».

Ao Barrocás custoulle defender a súa condición de favorito na final, ante o seu rival, que fixo un gran partido e foi tamén por diante varias veces no marcador. Ata o último momento o empate estivo no aire pero o porteiro do Barrocás detivo un penalti-corner faltando escasos segundos para a finalización.

Clasificación final do Campionato:

1º CH Barrocás
2º CSA Ourense
3º CH Albor
4º Athletic Coruña HC
5º Escola Hockey A Coruña
6º CH Albor 1981

O CH Barrocás clasifícase directamente para a Fase semifinal do Campionato de España, e os clasificados do 2º hasta o 4º lugar disputarán unha Fase de sector previa. Todos eles buscarán a clasificación para a «Final a 4», que este ano se celebra en Ourense os días 11 e 12 de febreiro.

Premios individuais:

Mellor porteiro: Andrés Murias, do Gimnástico Cudeiro.
Máximo goleador: Xurxo Cid, do CH Barrocás.

Campionato galego de hóckey sala, masculino e feminino

Esta próxima fin de semana chega a primeira gran cita no calendario galego: o Campionato galego de hóckey sala, nas categorías sénior masculina e feminina. A competición terá lugar de maneira simultánea, os días 21 e 22 de xaneiro, no polideportivo do Ventorrillo e no Pazo dos Deportes de Riazor, na cidade da Coruña.

Preséntamosvos o cartel do campionato (de BeDo Creativos) e os horarios dos encontros dos campionatos galegos.

Podedes consultar o calendario e seguir os resultados online no «Match center» da nosa web.

 

Presentación do Campionato Galego de hóckey sala

Hoxe martes 17 de xaneiro, tivo lugar na Coruña a presentación oficial do Campionato galego de hóckey sala, nas categorías sénior masculina e feminina. A competición terá lugar de maneira simultánea, os días 21 e 22 de xaneiro, no polideportivo do Ventorrillo e no Pazo dos Deportes de Riazor.

No acto estivo presente a concelleira de Comercio do Concello de A Coruña, Diana Cabanas, o Presidente da FGH, Roberto Baratta, e Mario Pais, representante de Autocares Fondo, patrocinador principal do evento.

Está prevista a participación de máis de 200 deportistas e adestradores. Asistirán os sete mellores equipos masculinos e os cinco mellores femininos de Galicia. Os equipos masculinos que participarán serán: CH Barrocás, CH Albor, Escola Hockey Coruña, CSA Ourense, Gimnástico Cudeiro, Athletic Coruña e CH Albor 1981. Na categoría feminina estarán: Villar Ourense, Atlántico Vigo, Athletic Coruña, Escola A Coruña 2016 e Escola Galicia Sport.

Os encontros comezarán o sábado ás 10.00 horas en ambos recintos e as finais serán o domingo ás 12.30 horas a feminina e ás 13.40 horas a masculina no Pazo dos Deportes de Riazor. Podedes consultar o calendario e seguir os resultados online no «Match center» da nosa web.

O Escola Hóckey A Coruña Galicia Sport, campión galego xuvenil feminino

O Escola Hockey A Coruña Galicia Sport proclamouse Campión galego de hóckey sala na categoría xuvenil feminino, trala disputa da competición celebrada na Coruña o domingo 15 de xaneiro.

No campionato, xogado a dobre volta, o Escola impúxose ao Athletic Coruña HC nos dous partidos, cos resultados de 6-1 e 3-6.
Os dous equipos viaxarán a terras madrileñas o 11 e 12 de febreiro, para disputar a Fase de Sector Nacional.

Grazas á Deputación da Coruña e ao Concello da Coruña, pola colaboración continuada co noso deporte. Neste campionato e nos próximos eventos a celebrar na cidade herculina.

Campionato galego Xuvenil Feminino de hóckey sala

O domingo 15 de xaneiro terá lugar o Campionato galego XUVENIL FEMININO de hóckey sala. A competición celebrarase no Pavillón polideportivo do Ventorrillo, na Coruña. Disputaranse 2 partidos a dobre xornada, entre os equipos do Athletic Coruña HC e o Escola Galicia Sport .
 
Os horarios dos partidos son os seguintes:
16:00 At Coruña HC – Escola Galicia Sport
19:00 Escola Galicia Sport – At Coruña HC 
 
 

Síguenos en Redes Sociales

Histórico

Colaboradores Institucionales