Últimas noticias

CH Albor, vencedor do Triangular de Nadal

O equipo sénior feminino do CH Albor proclamouse campión do Torneo triangular de Hóckey Sala, celebrado o sábado 2 de xaneiro de 2021 no Polideportivo de Oira (Ourense).

Na segunda posición resultou o Burgas Ourense, e terceiro foron as rapazas do AT. Coruña HC. Este torneo de Nadal, serviu de antesala do Campionato galego de hóckey sala, que terá lugar en Ourense o 9 de xaneiro en Ourense.

Nace a EGAX: Escola Galega de Árbitros e Xuíces

Nace a EGAX: Escola Galega de Árbitros e Xuíces, dentro da misión fundacional do CeTeGa como órgano de formación e especialización de árbitros e xuices de Galicia e con un triple obxectivo:

– Promover a labor arbitral engadindo novos colexiados e xuíces en toda Galicia.
– Aumentar o nivel e capacitación dos existentes.
– Promover e fomentar a figura do colexiado, a súa función esencial neste deporte.

A súa primeira convocatoria formativa terá lugar o próximo mércores día 30 de decembro, da man de Daniel Rodriguez, colexiado internacional galego que impartirá un Seminario de Actualización en Ourense.

Acto de entrega co Banco de Alimentos

Finalizada a campaña solidaria, realizamos a entrega dos alimentos aportados pola comunidade do Hóckey ao Banco de Alimentos de Ourense. Casi 200 kilos de alimentos non perecedeiros, que teñen como destino a xente máis necesitada.

Moitísimas grazas a tod@s @s que aportástedes algún alimento, participando nesta gran iniciativa que poñemos en marcha neste 2020, e realizaremos todo os anos, coa axuda de tod@s vós. 

#somoshocleygalegosolidario

CETEGA – Tecnificación en Ourense, 12-13 decembro 2020

Nova Xornada de tecnificación ao amparo do CETEGA, no campo de Mariñamansa (Ourense), os días 12 e 13 de decembro de 2020.

O sábado 12 asistiron rapaces e rapazas de toda Galicia, das categorías sub14 e sub 16 feminina, e a sub16 masculina.

O domingo 13 a tecnificación desenvolveuse con xogadoras sub14 e sub16 de Ourense.

Síguenos en Redes Sociales

Histórico

Colaboradores Institucionales