España impúxose por un axustado 3 a 1 á selección francesa, tras dun igualadísimo partido que se decantou do lado das españolas a poucos minutos do final.
Un gran partido das nosas ante unha Francia moi táctica que plantou cara en todo momento.
Numerosos afeccionados ao hóckey, entre eles moitos nenos e nenas, gozaron das #RedSticks esta tarde en Mariñamansa, Ourense.
O próximo partido contra Francia disputarase ás 11:00h do venres, pero antes quedan aínda varios adestramentos e mañá de 17 a 18:00h unha esperada xornada de portas abertas para os máis pequenos.
Galicia é Hóckey.