Test Series Galicia-Portugal sénior feminino hóckey sala

O Pazo dos deportes Paco Paz de Ourense foi escenario deste pequeno Torneo amigable entre as seleccións femininas de Galicia e Portugal, na categoría absoluta feminina, de hóckey sala
En total disputáronse 3 encontros, entre o 15 e o 16 de xaneiro, cos seguintes resultados:
15 de xaneiro:
GALICIA 2 – PORTUGAL 2
GALICIA 2 – PORTUGAL 0
16 de xaneiro:
GALICIA 2 – PORTUGAL 1
 
 

A selección portuguesa está a preparar o Campeonato de Europa III de hockey sala, que tiña que celebrarse a finais de xaneiro de 2022 en Bratislava (Slovakia). Por temas derivados do Covid, este torneo aprazouse ata decembro 2022.
O equipo galego feminino devolveralles a visita neste 2022, como parte desta preparación de cara á competición europea.

Publicado en Noticias.