Tras a finalización do recente proceso electoral á presidencia da FGH, produciuse a elección de Roberto Baratta Martínez como Presidente da Federación Galega de Hóckey. Así o confirmou a Xunta Electoral e comunicouse o resultado ás administracións competentes.
Roberto Baratta, Ourensán de 52 anos, directivo do sector financeiro, casado e pai dunha nova promesa do hóckey galego, accede ao máximo cargo federativo en Galicia tras ser responsable de promoción da anterior Comisión Xestora. O obxectivo desta nova etapa é continuar o gran traballo dos últimos anos, para seguir coa promoción e crecemento do hóckey galego.
A nova Xunta Directiva da FGH e os equipos de xestión constituíronse da seguinte forma:
Xunta Directiva
Presidente: Roberto Baratta. Responsable de Promoción.
Vicepresidente: Fran Masid. Responsable de Competición e Arbitraxe.
Tesoureiro e Secretario: Alberto Estévez Responsable de servizos Administrativos.
Vocal Liña Feminina: Estibaliz Arrugaeta. Responsable de promoción e desenvolvemento do hóckey feminino.
Vogal Delegacion Coruña: Yolanda Casanova.
Vocal Delegacion Pontevedra: Gaizka Garay.
Equipos de xestión
Secretario Comité de Competición: Pablo Baratta.
Loxística e Material: Carlos Dominguez e Elena Couto.
Marketing e Comunicación: Bruno Fernández e Ruben Amorín (Media Manager FGH).
CeTeGa Centro Tecnificación Galicia.
NADE Nucleo Adestramento Especializado Xunta de Galicia.
Director: Javier Valencia. Director Técnico da FGH.
Team Manager: pendente. Responsable de xefes de equipo e organización.
Responsable Escola Galega Adestradores (@EGA): pendente.
Servizos Médicos:
Juan Otero. Director Médico FGH
Anxo Fernández
Estibaliz Arrugaeta