Últimas noticias

Sesións de Tecnificación Sub16 impartidas polos Seleccionadores Nacionais

O martes 5 e mércores 6 tiveron lugar en Ourense as Sesións de Tecnificación Sub16 dirixidas polos seleccionadores nacionais femenina, Stefy Piris, e masculino, Sergio Tafalla, nas que participaron os xogadoras/es galegos xunto co staff do CeTeGa.

Adicionalmente celebrouse unha sesión técnica con adestradores de clubes galegos.

Esta visita forma parte do convenio de colaboración entre o CeTeGa da FGH e a RFEH para desenvolver programas e accións conxuntas de tecnificación.

O OurenSticks campión galego de hóckey sala cadete por partida dobre

O pasado domingo 3 de decembro, no Polideportivo Municipal de Amoeiro, celebrouse o Campionato Galego de Hóckey Sala Cadete Masculino e Feminino.

En ambas competicións resultou Campión o OurenSticks. No cadro feminino, impoñéndose ao Athletic Coruña. E no masculino, na final ante o Escola Coruña, que resultou subcampión, mentres que o terceiro posto foi para o Cidade de Ourense e o cuarto para o Atlántico H.C.

Así, tanto os rapaces como as rapazas do OurenSticks acadaron a clasificación para a Fase de Sector Nacional que se disputará en Cantabria. E o Escola Coruña masculino para o sector que se disputará en Valencia. Fases nas que os nosos e nosas competirán por unha praza no Campionato de España.

Participaron na entrega de trofeos, o Alcalde de Amoiro, José Luis González, o Concelleiro de Deportes, Brian Diz, o Presidente da Federación Galega de Hóckey, Roberto Baratta, e a Vocal da FGH, Estíbaliz Arrugaeta.

A Federación Galega de Hóckey agradeceu moi especialmente o esforzo do Concello de Amoeiro na remodelación da pista, que sitúa a este polideportivo como un dos mellores para a práctica do Hóckey Sala en Galicia.

Xornada Final da Copa Deputación da Coruña

O pasado domingo día 3 de decembro disputouse a Xornada final e a Entrega de Trofeos da Copa Deputación da Coruña, en Padrón, no Campo da Baiuca.

Una Copa na que resultou Campión o A.D. Cristo Rey (de Oleiros), subcampión o C.H. Santo Domingo (de Padrón), e o terceiro e cuarto posto foron para Athletic Coruña e Escola Coruña respectivamente.

No acto de entrega de trofeos contamos coa asistencia do Deputado de Deportes da Deputación Coruña, Antonio Leira, o Concelleiro de Deportes do Concello de Padrón, Luis Mariño e a Concelleira de Economía, Facenda e Turismo do Concello de Padrón. A FGH estivo representada pola súa Delegada na Coruña, Yolanda Casanova.

Parabéns a todos os equipos e grazas pola vosa participación.

Renovación do Staff do CETEGA

O staff do CETEGA ven de renovarse por acordo da Xunta Directiva da FGH para o ano 2024 consolidando a estrutura que xa viña traballando no 2023.
Como novidades, Elena Couto desempeñara a función de Xerente completando as competencias que xa viña desenvolvendo. Aparece unha nova figura, a do responsable de Promoción de Escolas que liderará Rony Fernández, coas competencias de coordinar toda a promoción en idades escolares e iniciación ao hóckey, incluíndo a coordinación do Plan Colexios e demáis actividades conducentes ao crecemento de licenzas nesas idades.
Por último, suliñar a incorporación de Marcos Vázquez Barbosa como especialista en Penalti Córner e solucións de ataque, que ven xa de colaborar coas diferentes seleccións galegas, colaboración que incluirá, de ser solicitado, a todos os clubes interesados.
Consulta o Staff completo do CETEGA neste documento https://www.fghockey.gal/download/staff-cetega-2024/ 

A Copa Deputación de Ourense xa ten vencedores

Este domingo celebráronse as finais da Copa Deputación de Ourense no Campo de Mariñamansa.

Na entrega de premios contamos coa presenza de César Fernández, Deputado Provincial de Cultura, Educación e Deportes da Deputación de Ourense e Alberto Estévez, Secretario da Federación Galega de Hóckey.

Participaron nesta edición da Copa máis de 200 xogadores e xogadoras de distintas categorías, resultando vencedores os seguintes clubes:

En Categoría Xuvenil-Senior Feminino:

1º Posto para OurenStick

2º Posto para C.H. Albor

3º Posto para Villa Cidade Ourense

En Categoría Cadete-Xuvenil Masculino:

1º C.H. Barrocás

2º OurenSticks

3º Cidade de Ourense

En Categoría Alevín Mixto-Infantil Feminino:

1º C.H. Barrocás

2º OurenSticks

3º C.H. Albor Alevín Masculino

En Categoría Benxamín Mixto-Alevín Feminino:

1º C.H. Albor

2º OurenSticks

3º C.H. Barrocás

En Categoría PreBenxamín participaron o C.S.A. Ourense e o C.H. Albor.

Parabéns a todos os equipos e grazas pola vosa participación.

 

 
 
 

 

 

Síguenos en Redes Sociales

Histórico

Colaboradores Institucionales