Últimas noticias

Ourense acolle o Galego de Hóckey Sala Sénior

Esta fin de semana dispútase en Ourense o Campionato Galego de Hóckey Sala Masculino e Feminino Sénior. 

Un torneo que o ano pasado tivera A Coruña coma escenario, e que chega á capital das Burgas con dúas sedes, unha pista principal no Anexo do Pavillón dos Remedios e otra secundaria no Polideportivo de Oira.

As fináis terán lugar o domingo 14 no Anexo dos Remedios a partir das 11:20h.

Este campionato é clasificatorio para as semifinais nacionais que se disputarán do 19 ao 21 de xaneiro no Pazo dos Deportes e no Anexo dos Remedios.

Os dous primeiros galegos masculinos e o primeiro feminino xogarán as semifinais en Ourense, mentres que o terceiro masculino viaxará a Sant Cugat e  segundo feminino fará o propio a terras gaditanas, para xogar a semifinal nacional en San Fernando.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Presencia galega no PNTD Sub14 da RFEH celebrado en Cheste

A última sesión do Plan Nacional de Tecnificación Deportiva da Real Federación Española de Hockey, celebrado en Cheste (Valencia), para os mozos e mozas sub14, Galicia estivo representada por Aitana Rodríguez, do OurenSticks, e Darío Sánchez, do Athletic Coruña. 

Á cita acompañounos Ronny Fernández, responsable Sub14 galego e coordinador de escolas do CETEGA.

Participación dos cadetes nas Fases Sector de hockey sala nacional

A pasada fin de semana disputáronse as fases de sector de hockey sala nacional, coa participación de dous clubes galegos. Os rapaces e rapazas do OurenSticks acudiron a Cantabria, mentras que o equipo masculino do Escola H.C. Incorpore Fisioterapia viaxou a terras valencianas.
Os rapaces do Escola remataron no cuarto posto o seu sector, competindo contra clubes coma Ath. Terrasa, Valencia, DXT Madrid e Codema Gijón.
As xogadoras do OurenSticks tiveron un durísimo sector, no que se enfrentaron ante rivais coma o Tenis, o Hocquet, o Grupo Covadonga e o Jolaseta. Pola súa banda os rapaces competiron bien contra ó Jolaseta e Grupo Covadonga, e cairon derrotados ante o Club de Campo e o Tenis.
De seguro esta participación foi toda unha experiencia para os nosos rapaces e rapazas.

O C.H. Santo Domingo de Padrón celebrou o seu 50 Aniversario

Fundado en 1.973 é o segundo clube máis antigo de Galicia

O Clube de Hóckey Santo Domingo de Padrón celebrou a pasada fin de semana o seu 50 aniversario, cun un partido amigable no campo da Baiuca no que participaron «Vellas Glorias» contra «Resto do Mundo» e unha comida de confraternización, na que Yolanda Casanova, delegada da Federación Galega na Coruña, fixo entrega ao clube dunha placa conmemorativa polo aniversario.

O segundo clube de hóckey máis antigo de Galicia, fundado en novembro de 1973 por unha directiva presidida daquelas por Jesús Fráiz, comezou cun grupo de mozos padroneses xogando nunha nave do serradoiro Tato, aos que se uniron outros que entraron en contacto co deporte ao iniciar os seus estudos na USC.

Nos seus inicios, empregaban sticks de madeira feitos por eles mesmos, ata que os dominicos do Carmen autorizáronlles a empregar as súas instalacións, adquiriron paus oficiais e afiliáronse á Federación Galega para empezar a competir a nivel provincial. Os éxitos non tardaron en chegar e o clube entrou en competicións e torneos de maior rango, mesmo internacionais. Aos poucos abriuse un oco na elite nacional e hoxe está plenamente asentado no deporte padronés, grazas en boa medida ás súas categorías basee, tal e como destacou o Concello de Padrón na súa felicitación ao clube polo seu aniversario.

Síguenos en Redes Sociales

Histórico

Colaboradores Institucionales