Últimas noticias
Campionato galego de hóckey sala, masculino e feminino
Esta próxima fin de semana chega a primeira gran cita no calendario galego: o Campionato galego de hóckey sala, nas categorías sénior masculina e feminina. A competición terá lugar de maneira simultánea, os días 21 e 22 de xaneiro, no polideportivo do Ventorrillo e no Pazo dos Deportes de Riazor, na cidade da Coruña.
Preséntamosvos o cartel do campionato (de BeDo Creativos) e os horarios dos encontros dos campionatos galegos.
Podedes consultar o calendario e seguir os resultados online no «Match center» da nosa web.
Presentación do Campionato Galego de hóckey sala
Hoxe martes 17 de xaneiro, tivo lugar na Coruña a presentación oficial do Campionato galego de hóckey sala, nas categorías sénior masculina e feminina. A competición terá lugar de maneira simultánea, os días 21 e 22 de xaneiro, no polideportivo do Ventorrillo e no Pazo dos Deportes de Riazor.
No acto estivo presente a concelleira de Comercio do Concello de A Coruña, Diana Cabanas, o Presidente da FGH, Roberto Baratta, e Mario Pais, representante de Autocares Fondo, patrocinador principal do evento.
Está prevista a participación de máis de 200 deportistas e adestradores. Asistirán os sete mellores equipos masculinos e os cinco mellores femininos de Galicia. Os equipos masculinos que participarán serán: CH Barrocás, CH Albor, Escola Hockey Coruña, CSA Ourense, Gimnástico Cudeiro, Athletic Coruña e CH Albor 1981. Na categoría feminina estarán: Villar Ourense, Atlántico Vigo, Athletic Coruña, Escola A Coruña 2016 e Escola Galicia Sport.
Os encontros comezarán o sábado ás 10.00 horas en ambos recintos e as finais serán o domingo ás 12.30 horas a feminina e ás 13.40 horas a masculina no Pazo dos Deportes de Riazor. Podedes consultar o calendario e seguir os resultados online no «Match center» da nosa web.
O Escola Hóckey A Coruña Galicia Sport, campión galego xuvenil feminino
O Escola Hockey A Coruña Galicia Sport proclamouse Campión galego de hóckey sala na categoría xuvenil feminino, trala disputa da competición celebrada na Coruña o domingo 15 de xaneiro.
No campionato, xogado a dobre volta, o Escola impúxose ao Athletic Coruña HC nos dous partidos, cos resultados de 6-1 e 3-6.
Os dous equipos viaxarán a terras madrileñas o 11 e 12 de febreiro, para disputar a Fase de Sector Nacional.
Grazas á Deputación da Coruña e ao Concello da Coruña, pola colaboración continuada co noso deporte. Neste campionato e nos próximos eventos a celebrar na cidade herculina.
Campionato galego Xuvenil Feminino de hóckey sala

Presentación do Centenario da RFEH

