Últimas noticias
Campionato galego Xuvenil Feminino de hóckey sala

Presentación do Centenario da RFEH


Escola HC Galicia Sport e CSA Ourense, campións galegos cadete hóckey sala
Disputouse a competición, en categoría masculina e feminina, o domingo 11 de decembro, no Pavillón polideportivo de Oira, en Ourense.
Clasificación campionato feminino:
Campión: Escola HC Galicia Sport
Subcampión: Villar Ourense
Tercer posto: At. Coruña HC
Clasificación campionato masculino:
Campión: CSA Ourense
Subcampión: Escola HC (A Coruña)
A fin de semana do 17-18 de decembro terán lugar os sectorres nacionais, onde participarán os 2 primeiros clasificados dos campionatos galegos, masculino e feminino. En Ourense, no polideportivo de Oira, disputarase o sector nº 4, da categoría feminina.
Sectores femininos, web da RFEH: www.rfeh.es/competiciones/campeonato-espana-cadete-femenino-sala/
Sectores masculinos, web da RFEH: www.rfeh.es/competiciones/campeonato-espana-cadete-masculino-sala/
Campionato galego hóckey sala cadete
O domingo 11 de decembro terá lugar o CAMPIONATO GALEGO de hóckey sala, masculino e feminino, na categoría cadete. Celebrarase no Pavillón polideportivo de Oira, en Ourense.
Na categoría masculina participan os clubs: CSA Ourense e Escola HC (A Coruña).
Na categoría feminina: Villar Ourense, At. Coruña HC e Escola HC.
HORARIOS CADETE MASCULINO:
11:45 Escola HC – CSA Ourense
16:00 CSA Ourense – Escola HC
HORARIOS CADETE FEMININO:
10:30 Villar Ourense – At. Coruña HC
13:00 Escola HC – At. Coruña HC
17:15 Villar Ourense – Escola HC
Staff e Regulamento CeTeGa 2023
A Xunta Directiva da FGH ven de aprobar o Staff, así como actualización do regulamento de réxime interno do CeTeGa para o ano 2023.
No organigrama aprobado, existen algunhas vacantes para as que se abre un período de consultas, onde aqueles interesados/as que o consideren poderán manifestar o seu interese, e comunicalo á FGH.
As vacantes abertas son:
– Team Manager: novo rol de xestión, con estas tarefas:
Coordinación e xestión de documentación das seleccións: permisos, fichas, licencias…en coordinación con Competición.
Coordinación cos xefes de expedición/equipo o papeleo administrativo
Xestión de viaxes coas axencias, plans de viaxe, organización, horarios.
Coordinación con Loxística e Material as necesidades dos equipos e centro CeTeGa.
Xestións de temas externos (fóra da parte técnica) en relación ao CeTeGa.
Disponibilade para viaxar (de ser preciso) como Xefe Expedición das seleccións autonómicas.
– Adestrador/a de porteiros/as: persona con acreditación de técnico, con polo menos o Nivel I.
Os interesados/as nestes postos do Staff, deben contactar vía mail: cetega@fghockey.gal
Antes do 15 Xaneiro de 2023.
CONSULTA DE DOCUMENTOS:
Regulamento interno CeTeGa 2023