Últimas noticias

Copa Deputación A Coruña 2022

Disputouse o sábado 3 de decembro a derradeira xornada da competición, no campo de hóckey herba de Padrón, coa participación dos clubs At Coruña HC, Escola HC e os anfitrións do Santo Domingo hóckey Padrón.

Na entrega de medallas e trofeos estiveron presentes:
Cristina Capelán, Deputada Deportes da Deputacion da Coruña.
Francisco García Dios, Concelleiro Relacions Veciñais do Concello de Padrón.
Yolanda Casanova, Delegada da FGH na provincia da Coruña.

CLASIFICACIÓNS FINAIS COPA DIPUTACIÓN A CORUÑA 2022

Benxamín mixto:
1- Escola HC
2- Santo Domingo Padrón

Alevín mixto:
1- At Coruña HC
2- CSA Ourense

Infantil masculino – Cadete feminino:
1- Escola Infantil
2- At Coruña HC Cadete Feminino
3- At Coruña HC Infantil

Copa Deputación Ourense 2022

Logo de finalizar as competicións, hoxe 26 de novembro pola mañán tivo lugar no campo de Mariñamansa, a cerimonia de entrega de trofeos aos gañadores e medallas para todos/as os/as participantes. No acto estiveron presentes Alberto Estévez e Fran Masid, en representación da Federación Galega de hóckey.

CLASIFICACIÓNS FINAIS COPA DIPUTACIÓN 2022

PreBenxamín:
1- CH Albor
2- CH Barrocás

Benxamín:
1- CH Albor
2- CH Barrocás
3- Ourense HC

Alevín:
1- CH Barrocás
2- CSA Ourense
3- CH Albor

Infantil – Cadete feminino:
1- CH Barrocás
2- Villar Ourense

Roberto Baratta, elexido novo Presidente da FGH

Tras a finalización do recente proceso electoral á presidencia da FGH, produciuse a elección de Roberto Baratta Martínez como Presidente da Federación Galega de Hóckey. Así o confirmou a Xunta Electoral e comunicouse o resultado ás administracións competentes.

Roberto Baratta, Ourensán de 52 anos, directivo do sector financeiro, casado e pai dunha nova promesa do hóckey galego, accede ao máximo cargo federativo en Galicia tras ser responsable de promoción da anterior Comisión Xestora. O obxectivo desta nova etapa é continuar o gran traballo dos últimos anos, para seguir coa promoción e crecemento do hóckey galego.

A nova Xunta Directiva da FGH e os equipos de xestión constituíronse da seguinte forma:

Xunta Directiva

Presidente: Roberto Baratta. Responsable de Promoción.
Vicepresidente: Fran Masid. Responsable de Competición e Arbitraxe.
Tesoureiro e Secretario: Alberto Estévez Responsable de servizos Administrativos.
Vocal Liña Feminina: Estibaliz Arrugaeta. Responsable de promoción e desenvolvemento do hóckey feminino.
Vogal Delegacion Coruña: Yolanda Casanova.
Vocal Delegacion Pontevedra: Gaizka Garay.

Equipos de xestión

Secretario Comité de Competición: Pablo Baratta.
Loxística e Material: Carlos Dominguez e Elena Couto.
Marketing e Comunicación: Bruno Fernández e Ruben Amorín (Media Manager FGH).

CeTeGa Centro Tecnificación Galicia.
NADE Nucleo Adestramento Especializado Xunta de Galicia.
Director: Javier Valencia. Director Técnico da FGH.
Team Manager: pendente. Responsable de xefes de equipo e organización.
Responsable Escola Galega Adestradores (@EGA): pendente.

Servizos Médicos:
Juan Otero. Director Médico FGH
Anxo Fernández
Estibaliz Arrugaeta

Convocatoria elección Presidencia y Comisión Delegada FGH

Ante numerosas preguntas de diferentes clubs exponemos el recordatorio y aclaraciones según lo indicado por reglamento electoral y Junta Electoral:

Convocados: Miembros Asamblea General y candidato a Presidencia

Motivo: Elección Presidente y Comisión Delegada FGH

Fecha: Sábado 12 noviembre 2022

Hora: 10.30h – 11.00h respectivamente en primera y segunda convocatoria
(previamente 10.00h sorteo mesa electoral por Junta Electoral)

Lugar: Sede Electoral
Rúa Carlos Maside s/n (Campo Fútbol o Couto), 32002 Ourense
Sala juntas locales federativos (primer local en entrada)

• Los convocados podrán asistir si lo desean al sorteo previo de la mesa electoral

• La representación de los miembros club pertenece a la persona que figura en el censo electoral de clubs como presidente/a, pero puede delegarla en otra persona de su junta directiva, siempre acreditados con un certificado expedido por el registro de entidades deportivas de la Xunta de Galicia. Artículo 8.

• En el caso de ejercer la delegación anterior, la Junta Electoral indica como necesario a aportar: acuerdo de delegación firmado por la junta directiva, copias DNIs de presidente/a y persona delegada, y certificado anteriormente citado con fecha actual.

• La representación de los miembros persona pertenece a la persona, no siendo posible la delegación en otra persona diferente. Artículo 24 Punto 3.

• Los convocados de las provincias de A Coruña y Pontevedra podrán presentar posteriormente su liquidación de gastos de desplazamiento (no manutención) por su asistencia, siempre aportando los tickets o facturas correspondientes y en el caso del kilometraje con importe 0,19 €/kM como límite actual exento de retenciones.

Para cualquier consulta o mayores aclaraciones al respecto de lo indicado, sigue estando disponible la Junta Electoral en dirección email procesoelectoral2022@fghockey.gal.

Convocatoria eleccións Presidencia e Comisión Delegada FGH

Comisión Gestora FGH

Sexto posto das seleccións galegas Sub18 hóckey herba

As seleccións galegas Sub18 de hóckey herba acadaron o sexto posto (ámbalas dúas) nos Campionatos de España de seleccións autonómicas, que tiveron lugar en Somontes (Madrid), do 29 de outubro ao 1 de novembro de 2022.

O combinado feminino acadou nos partidos de grupo un empate contra Cantabria e logo sendas derrotas cos equipos de Cataluña e Valencia. Na disputa dos partidos do 5º ao 8º posto, acadaron una victoria por 2 a 1 contra Asturias e no partido final, derrota por de novo por 2-1 contra o equipo valenciano.

O equipo galego masculino rematou a fase de grupos con 3 derrotas, e nos partidos de clasificación, lograron unha victoria contra Valencia por 2 a 1. Xa no encontro polo 5º-6º posto, a victoria foi para o combinado da comunidade de Cantabria, que venceu aos nosos por un craro 3 a 0.

Unha boa experiencia competitiva dos xogadores/as galegos/as, coa participación nun Campionato a nivel nacional, e que seguen a sumar na súa formación técnica. Parabéns polo esforzo e polos bos momentos de hóckey.

Síguenos en Redes Sociales

Histórico