O campo de Mariñamansa de Ourense acolleu o domingo o Campionato Galego de Hóckey Herba Xuvenil, Xunta de Galicia.
A xornada enfrentou aos dous mellores equipos da tempada, o OurenSticks da capital das Burgas e o Escola H.C. da Coruña que disputaron un partido moi reñido que remató por caer do lado dos ourensáns que se impuxeron por un 3-4 final.
Así, os xuvenís do OurenSticks proclamáronse Campións Galegos de Hóckey Herba 2024.