O pasado 22 de marzo de 2019 a Secretaría Xeral para o Deporte asinou un convenio coa Secretaría Xeral da Igualdade para desenvolver as medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, como as que se refiren ao desenvolvemento de campañas de prevención e sensibilización fronte a violencia de xénero.
Dentro das liñas de actuación a desenvolver, esta Xornada de onte chega para que o tecido deportivo coñeza estratexias para loitar contra a violencia de xénero, particularmente no ámbito do deporte pero tamén noutros contextos.
A F.G.H estivo presente no acto xunto con outras federacións e estamentos deportivos, para coñecer as ferramentas para desenvolver nos diferentes ámbitos de intervención nos que participamos.
PROGRAMA_Xornada_Violencia_de_Xénero
Comisión Xestora.