Galicia, medalla de bronce no Campionato de España Sub14 feminino

A selección galega feminina Sub14, acadou a terceira posición e medalla de bronce, no Campionato de España de seleccións autonómicas sub 14 de hóckey herba. No partido polo bronce gañaron por 5 a 0 á selección de Asturias.

Un campionato celebrado en Ourense, con éxito organizativo, e que demostrou unha vez máis que o hóckey é un deporte seguro e adaptado a todas as limitacións que se impoñen por causa do covid19.

A xogadora galega, Adriana Dorribo, foi considerada como a «mellor xogadora» do Campionato. 

 

Publicado en Noticias.