CH Barrocás, campións galegos de hóckey sala

Durante a fin de semana (15 e 16 xaneiro) celebrouse no Pazo dos Deportes Paco Paz o Campionato galego de hóckey sala sénior masculino, coa participación dos 8 equipos clasificados para esta fase final.
 
Na Final do torneo, proclamouse campión CH Barrocás ao derrotar por 7 a 2 a CH Albor. No encontro polo 3er-4º posto, nun derby coruñés, impuxéronse os xogadores do Escola HC sobre o Athletic Coruña HC, na tanda de «Shoot-Outs».
Quintos: Santiago Apóstol
Sextos: Cidade de Ourense
Séptimos: Gimnástico Cudeiro
Oitavos: Atlántico HC
🏆 Trofeo máximo goleador: David Aguiar (Stgo Apóstol)
🏆 Trofeo mellor porteiro: Adrián Pinal (CH Albor)
 
Na entrega de trofeos e medallas, acompañáronnos na pista central do Paco Paz: Gabriel Alén (Delegado Xunta de Galicia), Rosendo Fernández (Vicepresidente Deputación Provincial), Manuel Pérez (Delegado Deportes Xunta de Galicia), Bernardino González (Deportes Deputación Provincial) e Alberto Estévez, Presidente da FGH. Agradecemos a súa presenza e a constante colaboración e apoio ao noso deporte.
 
Publicado en Noticias.