Campeonato Galego Hóckey Sala Infantil Mixto

 
O sábado 1 de maio celébrase no Polideportivo de Oira (Ourense) o Campionato galego de hóckey sala Infantil Mixto, onde 6 equipos de toda Galicia loitarán polas medallas, e tamén pola clasificación para a Fase de Sector.
 
Esta cita será tamén en Ourense, nas datas do 8 e 9 de maio, participando os dous primeiros clasificados deste torneo. Na categoría feminina, o club Irmáns Villar (Ourense) xa está clasificado para a Fase de Sector nº 3, a disputar en Cantabria.   
 
Publicado en Noticias.