A Selección Española Feminina de Hóckey Herba, coñecida como as “Red Sticks”, fará un “Stage” de 5 días de concentración en Ourense, previo á súa viaxe a París, para participar nos Xogos Olímpicos, que dará comezo o vindeiro luns día 17 de xuño e rematará o venres 21.
As xogadoras, adestradas polo ourensán Carlos García Cuenca, chegarán a Ourense, xunto coa selección de Francia, e terán 5 días de adestramentos no campo de Mariñamansa, algunha visita institucional, xornadas de portas abertas, encontros cos máis cativos e tamén disputarán 2 partidos amigables contra as francesas, para preparar a súa participación nos Xogos Olímpicos de París.
Xa vos iremos contando máis polo miúdo o calendario de actividades, pero queríamos recordarvos que a semana que ven temos a grandísima oportunidade de ter á selección olímpica feminina do noso deporte tan preto das nosas casas que haberá que aproveitar para velas, aprender delas, coñecelas más de preto e, sobre todo, animalas para o seu reto olímpico.